Wednesday 15 de May de 2024

O BNG esixe que o goberno local de Ribeira desbloquee o pagamento de subvencións


Após a denuncia feita pública por parte das asociacións de pais e nais de Ribeira sobre o impago do Concello de Ribeira das subvencións ás que teñen dereito, o BNG esíxelle ao goberno local que desbloquee o pagamento desas subvencións pero tamén as correspondentes a outras entidades sociais, deportivas e culturais.

Desde a organización nacionalista móstranse moi críticos coa “ineficiente xestión” e acusan ao equipo do Partido Popular de “secuestrar” o Concello de Ribeira con fins partidistas e electoralistas. Neste sentido, o portavoz Luís Pérez, asegura que “o Partido Popular está sobrepasando todos os límites” ao bloquear pagamentos que deberían terse abonado hai moito tempo.

Pérez Barral pídenlle ao goberno local que deixe de mentir dicindo que a falta de orzamentos é a causa de non ter aboado as subvencións e se poña a traballar para dar unha solución inmediata. “As asociacións de pais e nais levan sen cobrar as subvencións de 2018, 2019 e 2021 e o Concello aprobou orzamentos en 2019, 2020 e 2021. Por favor deixen de dar desculpas de mal pagador, nunca mellor dito”.

“Quero mostrar o noso apoio á petición das ANPAS e brindo o apoio do BNG para desbloquear esta situación inxusta” concluíu Barral